ALCALDÍA
Reunión de alcaldes e alcaldesas do Grupo Cidades Patrimonio
30/04/2019 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou este martes na Casa Árabe de Madrid nunha reunión de alcaldes e alcaldesas do Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España.
Esta xuntanza serviu para revisar os estatutos do Grupo e para preparar a próxima Asemblea Xeral, que se celebrará o día 8 de xuño en Segovia. Esta foi a última reunión desta lexislatura.