ALCALDÍA
Os Xogos Mundiais de Special Olympics celébranse cada catro anos, e nesta ocasión reuniron máis de 7.000 deportistas con discapacidade intelectual de máis de 190 países.
Recoñecemento municipal aos atletas Jesús Cabo e Ramona Seijo, medallistas nos Mundiais Special Olympics de Abu Dhabi
30/04/2019 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi aos deportistas Jesús Cabo e Ramona Seijo, gañador e gañadora de medalla na categoría de atletismo nos Xogos Mundiais Special Olympics, celebrados en Abu Dhabi (Emiratos Árabes Unidos) o pasado mes de marzo.
Jesús Cabo e Ramona Seijo, de Aspas, participaron na carreira de 1.500 metros. O atleta compostelán obtivo a medalla de prata, mentras que a corredora logrou a medalla de bronce na proba feminina.Os Xogos Mundiais de Special Olympics celébranse cada catro anos, e nesta ocasión reuniron máis de 7.000 deportistas con discapacidade intelectual de máis de 190 países.