COMERCIO E MEDIO AMBIENTE
En representación do tecido comercial do barrio, Lola Puerta explicou que o proxecto "foi acollido con moita ilusión desde o primeiro día, houbo unha gran participación primeiro dos comerciantes e despois da veciñanza". A responsable da libraría Aenea explicou que "esta é unha zona da cidade chea de pequenos autónomos, comercios pequenos aos que hai que darlle visibilidade, pero sempre pensamos que isto había que facelo dentro do contexto ao que pertencemos, e da man das persoas residentes". Ao respecto, María José Villaronga apuntou que "a veciñanza tamén cre que este é un proxecto moi necesario e ilusionante, porque permitiranos poñer en valor espazos do barrio, sobre todo zonas verdes".
Máis alá do comercio
O proxecto "Barrio Xardín" foi presentado á terceira edición do programa Co B de Barrio co obxectivo de desenvolver o potencial comercial do contorno do Parlamento de Galicia e, ao tempo, de recordar ás personalidades que lle dan nome ás rúas da zona. A proposta foi unha das seleccionadas na convocatoria, e no seu desenvolvemento os comerciantes e a veciñanza "foron moito máis alá das accións meramente comerciais para apostar por iniciativas que permitan poñer en valor esta área de Compostela".
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia salientou que "este proxecto demostra o que vimos defendendo dende o Goberno: que o motor da cidade non é só a institución, senón que ten que ser a xente". Por iso, Xan Duro gabou "a implicación do tecido comercial e veciñal, que é quen impulsa todas as accións que o Concello está acompañando". Así, hai melloras que xa empezaron a executarse ou que están previstas a medio prazo, como a substitución dos bolardos existentes, o arranxo das xardineiras, a elaboración dun mapa de barrio ou o a sinalización do nome das rúas.
Un dos cambios máis salientables será a peonalización da rúa dos Irmáns Rey Alvite, que suporá algunhas modificacións de direccións nas rúas do seu contorno. A medida levarase a cabo nas próximas semanas, unha vez poidan realizarse os traballos de pintado.
Mercado das flores
O tecido comercial e veciñal da contorna do Parlamento quere abrir o proxecto do "Barrio Xardín" cunha festa que se vai celebrar o 25 de maio, e que xirará ao redor dun mercado de flores e horticultura no parque da Constitución. Entre as actividades previstas, ademais da exposición e venda de plantas, haberá obradoiros de elaboración de fermentos, demostracións de pintura con elementos das árbores ou venda e degustación de produtos ecolóxicos de proximidade. No programa haberá tamén un roteiro de primavera polas diferentes rúas e parques do barrio e actuacións musicais. A festa desenvolverase durante toda a xornada, desde as once e media da mañá ata as oito da tarde.
Arrinca o "Barrio Xardín" co obxectivo de desenvolver o potencial comercial da contorna do Parlamento
30/04/2019 O próximo 25 de maio quedará inaugurado o chamado "Barrio Xardín", a zona situada na contorna do Parlamento entre as rúas do Hórreo, avenida de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Neira de Mosquera. O tecido comercial e a veciñanza deste ámbito colaboraron no desenvolvemento dun proxecto que ten como obxectivo dinamizar o comercio da zona, recuperar os espazos públicos e mellorar a convivencia no ámbito. O programa "Barrio Xardín" desenvólvese no marco do programa Con B de Barrio, impulsado pola Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo.
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e o responsable de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presentaron hoxe o proxecto "Barrio Xardín", nunha rolda de prensa na que tamén interviñeron Lola Puerta, da libraría Aenea, e María José Villaronga, veciña do barrio. Marta Lois mostrou a súa satisfacción "por ver convertido en realidade un proxecto de dinamización comercial que naceu ao abeiro do programa Con B de Barrio, co que quixemos primar a cooperación entre establecementos, a creación de sinerxias entre negocios para obter beneficios compartidos". A concelleira mostrouse convencida de que "esta é unha maneira de contribuír ao desenvolvemento socioeconómico de Santiago, pero tamén de empoderar ás persoas que se dedican ao comercio".En representación do tecido comercial do barrio, Lola Puerta explicou que o proxecto "foi acollido con moita ilusión desde o primeiro día, houbo unha gran participación primeiro dos comerciantes e despois da veciñanza". A responsable da libraría Aenea explicou que "esta é unha zona da cidade chea de pequenos autónomos, comercios pequenos aos que hai que darlle visibilidade, pero sempre pensamos que isto había que facelo dentro do contexto ao que pertencemos, e da man das persoas residentes". Ao respecto, María José Villaronga apuntou que "a veciñanza tamén cre que este é un proxecto moi necesario e ilusionante, porque permitiranos poñer en valor espazos do barrio, sobre todo zonas verdes".