EDUCACIÓN E CIDADANÍA
As representación dos grupos de Educación Secundaria comezaron este luns co IES Rosalía de Castro, que puxo en escena Coa morte nos talóns. Na xornada de tarde (17:15 h), este mesmo instituto levará ao Teatro Principal a obra Reflexos.
Mañá martes, 30 de abril, o grupo de teatro do Antón Fraguas representará, ás 10:30 horas, a obra Medea, a nosa, e ás 12:30 horas, o grupo do mesmo centro Tantometén traeranos De amor e outras leiras. Xa ás 17:00 horas, o IES Pontepedriña representará a obra Porteira es ti (Juan Torralba).
O CPI de Rois subirase as táboas do Teatro Principal o 1 de maio, ás 12:00 horas con O achado do castro e ás 18:00 horas con Azucre. Xa o 2 de maio haberá tres obras de teatro, unha ás 10:30 horas da man do IES Eduardo Pondal, que representará A fraga animada; outra ás 12:30 h do CPI Eusebio Lorenzo de Dodro, con Achanta Bieito e ás 18:00 horas a obra Vogando nos contos, do IES Antón Losada Diéguez.
As representacións de Educación Secundaria rematan o 3 de maio co IES Praia de Barraña e a súa obra Ah! ás 10:30 horas; e co IES Xelmírez I, que ten preparadas dúas representacións. Ás 12:30 horas a obra Animaliños e ás 18:00 horas Fóra de xogo.
Primaria
No caso dos centros de Educación Primaria, as obras comezarán o 21 de maio co CEIP López Ferreiro e a obra Aínda non es sogra, a partir das 10:30 horas. Continuará a Aula de Quinto do Colexio de Roxos, ás 11:30 horas, con Mamasina, que medo! E fechará o Colexio Aspanaes Duques de Lugo ás 12:30 horas con Na procura da peza perdida. O 22 de maio, ás 10:30 h poderase ver En todas as familias cocen fabas, do Colexio San Jorge. Xa ás 11:30 horas, o CEIP Raíña Fabiola achegará Entrevista no ceo, e pecharán este XXIV Certame Os Palimoquiñis do teatro afeccionado lucense, cunha fermosa representación de Os Miserables.
Comezaron no Principal as funcións do XXIV Certame de Teatro Intercentros
29/04/2019 Este luns comezaron arrincaron as representacións do XXIV Certame de Teatro Intercentros, que se celebra no Teatro Principal entre o 29 de abril e o 22 de maio. Máis de 300 escolares de Primaria, Secundaria e Bacharelato participan nesta edición do evento, organizado pola Concellaría de Educación e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística.
Grazas a este certame, escolares de Santiago e comarca teñen a oportunidade de amosar ao público o traballo teatral realizado ao longo do curso nos centros de ensino. Os preparativos do certame comezan ao principio do curso, no que se constitúen os grupos, se deciden as obras a interpretar, os vestiarios ou o decorado, e se ensaian as técnicas básicas da interpretación teatral.As representación dos grupos de Educación Secundaria comezaron este luns co IES Rosalía de Castro, que puxo en escena Coa morte nos talóns. Na xornada de tarde (17:15 h), este mesmo instituto levará ao Teatro Principal a obra Reflexos.