XUNTA DE GOBERNO
O alcalde lembrou tamén que o Concello xa se tiña sumado á denuncia presentada pola propia Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes, e agora fai o propio coa acción da Fiscalía "porque é lóxico e coherente co que viñemos facendo". Ademais, Martiño Noriega reiterou que "o Goberno local ten abertos varios expedientes en relación á canteira, e non se puido continuar coa súa tramitación porque a Xunta non respondeu aos catro requirimentos de información que se teñen realizado desde o mes de novembro en relación a Miramontes".
O Concello exerce a acusación particular nas dilixencias abertas pola Fiscalía en relación ao vertedoiro de Miramontes
29/03/2019 A Xunta de Goberno acordou hoxe exercer a acusación particular nas dilixencias previas iniciadas como consecuencia da denuncia e a querela impulsadas pola Fiscalía en relación ao vertedoiro de Miramontes. O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que "o Goberno local ten un interese directo e evidente en que as actividades de xestión de residuos que se desenvolven en Compostela se axusten á legalidade, e máis cando inciden no medio ambiente e nas condicións de vida da veciñanza".
O Ministerio fiscal vén de trasladar unha querela contra a sociedade mercantil Sertego Servicios Medioambientales, e unha denuncia contra a sociedade mercantil Tecnosolos Galaicos SL, a raíz das denuncias presentadas pola Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes. O alcalde lembrou que "a propia Fiscalía relata que a veciñanza da parroquia de Grixoa vén sufrindo dende hai anos a degradación das súas condicións de vida e da habitabilidade das súas vivendas, por mor dos cheiros constantes procedentes da canteira que inciden no medio ambiente e que poden poñer en perigo a saúdo das persoas". Nesa liña, Martiño Noriega lembrou que "as inspeccións realizadas desde 2016 a 2018 mostraron que en Miramontes se están a incumprir as condicións das autorizacións, porque se supera a porcentaxe máxima permitida de materia orgánica alí depositada e porque o tratamento dos residuos non é o axeitado, o que provoca lixiviados e cheiros".O alcalde lembrou tamén que o Concello xa se tiña sumado á denuncia presentada pola propia Plataforma de Afectados polo Vertedoiro de Miramontes, e agora fai o propio coa acción da Fiscalía "porque é lóxico e coherente co que viñemos facendo". Ademais, Martiño Noriega reiterou que "o Goberno local ten abertos varios expedientes en relación á canteira, e non se puido continuar coa súa tramitación porque a Xunta non respondeu aos catro requirimentos de información que se teñen realizado desde o mes de novembro en relación a Miramontes".