POLÍTICAS SOCIAIS
En canto ao plan de traballo para 2019, a concelleira fixou coma un dos retos un Plan Municipal de Cooperación para a Xustiza Global. Tamén se falou sobre a cuarta edición do programa Compostela + Solidaria.
Ademais da concelleira de Políticas Sociais e de integrantes dos catro grupos municipais, forman parte deste Consello representantes das asociacións veciñais, das organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia, do Consello Económico e Social, do Foro Cívico, do Servizo de Participación e Integración Universitaria da USC, do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e do Foro Galego de Inmigración, ademais do secretario xeral do Concello.
Constituído o Consello de Cooperación e Solidariedade
28/02/2019 A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, presidiu a constitución do Consello Municipal de Cooperación e Solidariedade. Nesta primeira xuntanza deuse conta da situación das políticas municipais nesta materia e avanzouse o plan de traballo para 2019.
O Consello foi informado sobre a segunda Convocatoria de axudas ao desenvolvemento 2018, que foi resolta a comezos de 2018 e da que se beneficiarán seis entidades. Ademais, tamén se deu conta da execución e xustificación dos proxectos beneficiarios da primeira convocatoria.En canto ao plan de traballo para 2019, a concelleira fixou coma un dos retos un Plan Municipal de Cooperación para a Xustiza Global. Tamén se falou sobre a cuarta edición do programa Compostela + Solidaria.