EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os centros que xa se anotaron ao programa son o Apóstolo Santiago, con 35 alumnos e alumnas que se achegarán polo María Miramontes o 22 de marzo, en horario de 12:30 a 13:30 h. O 18 de marzo, de 12:00 a 13:00 h, será a quenda dos escolares de 5º e 6º de primaria do Rodríguez Xixirei de Lavacolla. Os días 7 e 29 de marzo será a quenda do Quiroga Palacios, do que participarán 71 nenos e nenas de 5º de primaria e 51 de 6º. Finalmente, o Monte dos Postes acudirá o 15 de marzo, en horario de 10:00 a 11:00 h para os 50 alumnos e alumnas de 6º de primaria, e en horario de 11:00 a 12:00 h para os 50 de 5º de primaria.
O Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes acolle durante o mes de marzo un ciclo de concertos de música tradicional
28/02/2019 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe dun novo programa que porá en marcha o seu departamento no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes. Trátase dun ciclo de concertos de música tradicional que terán lugar no mes de marzo a cargo dos músicos Rosa Sánchez e Pablo Carpintero.
Son concertos dirixidos a escolares de entre 10 e 12 anos que, segundo Manuel Dios, teñen como obxectivo "achegar a música tradicional aos centros educativos, xa que segue a ser a música a materia pendente no sistema regrado". O concelleiro indicou que "serán máis de corenta os instrumentos que poderán coñecer os nenos e nenas durante estes concertos". O ciclo leva por nome "Música e evolución" e quere poñer en valor o patrimonio musical e falar da música como manifestación cultural esencial para os seres humanos.Os centros que xa se anotaron ao programa son o Apóstolo Santiago, con 35 alumnos e alumnas que se achegarán polo María Miramontes o 22 de marzo, en horario de 12:30 a 13:30 h. O 18 de marzo, de 12:00 a 13:00 h, será a quenda dos escolares de 5º e 6º de primaria do Rodríguez Xixirei de Lavacolla. Os días 7 e 29 de marzo será a quenda do Quiroga Palacios, do que participarán 71 nenos e nenas de 5º de primaria e 51 de 6º. Finalmente, o Monte dos Postes acudirá o 15 de marzo, en horario de 10:00 a 11:00 h para os 50 alumnos e alumnas de 6º de primaria, e en horario de 11:00 a 12:00 h para os 50 de 5º de primaria.