ALCALDÍA
Leroy Merlin Xardín está ubicado na rúa de Polonia 4 e supuxo un investimento de máis de 2,2 millones de euros.
O alcalde asiste á inauguración da nova tenda de xardín de Leroy Merlin, que supón a creación de 46 postos de traballo
27/02/2019 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu hoxe á inauguración dun novo punto de venDa especializado en xardín de Leroy Merlin, que abrirá ao público mañá xoves no polígono de Costa Vella. Na inauguración estiveron, ademais do rexedor, o director rexional Noroeste, José Ramón Abad; o director da nova tenda, Julio Rodríguez, e os traballadores e traballadoras.
Martiño Noriega sinalou na súa intervención que "hoxe inauguramos unha iniciativa económica que busca seguir dinamizando un dos polígonos da cidade" e engadiu que "vemos a un grupo de homes e mulleres comprometidos que amosan un dos mellores valores, o traballo en equipo". O alcalde tamén incidiu na importancia que ten "para o conxunto do municipio que este novo espazo supoña a creación de 26 postos de traballo directos e 20 indirectos, así como o fomento da economía circular". "A creación de emprego –rematou- é fundamental en zonas de desenvolvemento económico como son os polígonos".Leroy Merlin Xardín está ubicado na rúa de Polonia 4 e supuxo un investimento de máis de 2,2 millones de euros.