CULTURA

"Memoria. Pinturas" rememora a primeira exposición do colectivo Anakos

31/01/2007 O Museo do Pobo Galego, o primeiro lugar onde expuxera a principios de 1987 o colectivo "Anakos", acolle agora unha exposición que recorda aquela mostra. Dos membros orixinais reuníronse para esta ocasión Xosé Antón Castaño, Luís Iglesias Diz, Xurxo Martiño e Nolo Suárez. A mostra inaugúrase o xoves 1 de febreiro.

"Son obras actuais, variadas e en diversos formatos", apunta Nolo Suárez sobre o contido desta mostra, que na tamén se poderán observar diversos obxectos relacionados cos artistas e unha proxección con outras obras dos mesmos.

O grupo Anakos nacera ao longo de 1985, cando un grupo de artistas plásticos, que xa viñan expoñendo con regularidade, foron coincidindo en manifestacións artístico-culturais, coñecéndose e pondo en práctica proxectos e ideas comúns. De todo estes contactos e da necesidade de levar a cabo proxectos expositivos maiores en espazos diferentes dos pubs, xurdiu o colectivo xa en 1986. A presentación pública de Anakos, composto inicialmente por sete artistas, foi no Museo do Pobo Galego, a principios do ano 87.

Compartir: