CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os veciños de Santiago achéganse á historia dos distintos barrios composteláns

31/01/2007 Dentro do primeiro Programa de Recuperación da Memoria Histórica que está a realizar a Concellaría de Centros Socioculturais, o día 1 de febreiro inaugurarase no Centro Sociocultural da Trisca a exposición sobre o barrio da Rocha. Ao día seguinte, 2 de febreiro, será o propio centro da Rocha o que reciba e inaugure a exposición sobre o barrio de San Pedro.

A rotación das exposicións é unha das actividades que se realiza dentro deste programa, que ten como finalidade recuperar o patrimonio cultural das distintas zonas de Santiago a través da recollida das fotos, tradicións e historias que aportan os seus habitantes. Así mesmo, o programa pretende achegar os distintos barrios da cidade entre si, actividade na que colaboran os veciños realizando actividades conxuntas.

O próximo día 7 de febreiro está prevista a inauguración da exposición sobre a historia de Villestro.

Compartir: