URBANISMO

As primeiras vivendas de Meixonfrío recibirán a licenza de primeira ocupación a partir do 12 de febreiro

31/01/2007 O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou as obras de urbanización de Meixonfrío xunto á concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, o concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama e o xerente de Emuvissa, promotora da obra, Xosé Manuel Rey Pichel. O rexedor compostelán aproveitou a visita para reunirse cos presidentes das dúas cooperativas e cos directores da obra.

Da visita e dos informes técnicos quedaron encamiñados algúns problemas xurdidos nos últimos meses e prevese que a partir do luns 12 de febreiro se poida outorgar a licenza de primeira ocupación das primeiras 143 vivendas.

En Meixonfrío, estase a construír tamén outro bloque de vivendas, de tipo social, que promove Emuvissa.

Compartir: