CULTURA
Nesta segunda edición, o premio entregarase nun acto público en Santiago o 28 de abril. Consistirá nunha peza deseñada por Francisco Xosé Pérez Porto, e a persoa ou organización premiada recibirá ademais un diploma acreditativo do galardón.
Os interesados ou terceiras persoas poderán presentar as candidaturas ata o 10 de abril. O material entregarase na Rúa Amor Meilán, 13-14 entrechán, de Lugo, ou no correo electrónico manuelmaria@manuelmaria.com. Para calquera aclaración, está dispoñible o teléfono 982 242 682.
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, a CIG-Ensino e a Mesa pola Normalización Lingüística convocan este premio, ao considerar que "a figura de Manuel María non só atesoura un valor literario primordial, senón que constitúe un valor social que debe ser asumido e coñecido por toda a cidadanía galega coma un exemplo a seguir".
Un premio para lembrar a Manuel María
31/01/2007 Vén de convocarse a segunda edición do Premio Manuel María á dignidade nacional. Segundo se di nas bases, o galardón quere "recoñecer publicamente a contribución daquelas persoas ou aquelas institucións públicas ou privadas que teñan desenvolvido actividades ou promovido iniciativas de calquera tipo con destacadas consecuencias na mellora da nosa dignidade nacional, tanto no ámbito da defensa da identidade cultural como no da responsabilidade social ou en calquera outro que contribúa a alcanzar o mesmo obxectivo".
Tal como lembrou o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, na presentación do premio, a figura de Manuel María está moi ligada a Compostela, cidade á que dedicou un libro de poemas. O escritor ten unha rúa en Salgueiriños.Nesta segunda edición, o premio entregarase nun acto público en Santiago o 28 de abril. Consistirá nunha peza deseñada por Francisco Xosé Pérez Porto, e a persoa ou organización premiada recibirá ademais un diploma acreditativo do galardón.