PERSOAL

O Goberno local aproba a subida salarial do 2,25% ao persoal municipal

30/01/2019 O Concello de Santiago vén de aprobar a suba salarial do 2,25% para os traballadores e traballadoras públicas, que será efectiva coa nómina do mes de xaneiro. Este incremento está previsto no Real Decreto 24/2018, de 21 de decembro polo que se aproban medidas urxentes en materia de retribucións no ámbito do sector público.

Ademais, o BOP publica hoxe o acordo da Xunta de Goberno do pasado 21 de decembro no que se aprobou retribuír o 100% do salario aos traballadores e traballadoras públicas durante a baixa laboral. Deste xeito, garántese a percepción da totalidade das retribucións ordinarias correspondentes ao mes de inicio da situación durante dita incapacidade temporal. Tal e como se indica no Boletín Oficial da Provincia, o acordo ten efectos a partir do 1 de xaneiro deste ano.

Compartir: