ALCALDÍA E EDUCACIÓN
O acto estivo conducido polo contacontos Anxo Moure e contou coa participación da Banda Municipal de Música que, baixo a dirección de Casiano Mouriño, interpretou o "Himno da alegría", de Beethoven, e a canción "Imagine", de John Lennon. O alumnado participante realizou o símbolo da paz para conmemorar os valores deste día.
Pechou o acto o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, quen sinalou que "millóns de nenas e nenos son vítimas de conflitos bélicos. Temos a obriga de practicar con eles a empatía, de ter capacidade para poñernos no seu lugar". Na súa intervención tamén quixo deixar un consello aos/ás escolares partindo dunha cita de Manolo Rivas, que "di que o mundo se divide entre os que plantan e os que pisan. Sede dos que plantan diálogo, e non dos que pisan para facilitar guerras que non entenden nin de cor de pel nin de ideoloxías".
Ademais deste acto central, os colexios e institutos da cidade desenvolveron durante as últimas semanas iniciativas e actividades relacionadas coa paz e a non violencia. Os eixos temáticos sobre os que traballaron foron os Dereitos Humanos, sobre os que o Concello vén de celebrar o pasado 10 de decembro o seu 70 aniversario; a prevención da violencia de xénero e a educación para a igualdade; a convivencia democrática e a mellora da convivencia escolar ou a atención ás familias con menos recursos, fundamentalmente persoas refuxiadas ou poboación migrante.
Ademais do acto central, o Concello de Santiago distribuíu nos centros escolares e centros cívicos un cartaz explicativo polo Día da Paz e a Non Violencia. Xa pola tarde, a Escola Municipal de Música ofrecerá, na finca Vista Alegre, o seu tradicional Concerto pola Paz, que terá lugar a partir das 18:30 horas.
Os centros escolares celebran o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia
30/01/2019 O Auditorio Abanca acolleu esta mañá o acto central polo Día da Paz e a Non Violencia, no que participaron preto de 400 alumnos e alumnas dos centros escolares de Compostela. Trátase dunha data que se vén conmemorando dende 1964 para lembrar a morte de Gandhi e que a UNESCO recoñeceu como Día Escolar da Non Violencia e a Paz en 1993. Nesta data lémbrase a necesidade de educar na tolerancia, o respecto e a solidariedade.
No acto celebrado hoxe, o concelleiro de Educación, Manuel Dios, indicou que "as inxustizas de hoxe son as guerras de mañá. E hoxe enfrontámonos a moitos tipos de violencia: o acoso escolar, a violencia machista, a violencia nuclear... asuntos que deben ter tratamento educativo estable".O acto estivo conducido polo contacontos Anxo Moure e contou coa participación da Banda Municipal de Música que, baixo a dirección de Casiano Mouriño, interpretou o "Himno da alegría", de Beethoven, e a canción "Imagine", de John Lennon. O alumnado participante realizou o símbolo da paz para conmemorar os valores deste día.