BENESTAR SOCIAL E MULLER
A campaña quere transmitir a necesidade dun reparto normalizado das tarefas da casa entre os membros adultos da familia. Os nenos aprenderán que as responsabilidades domésticas están por riba do xénero e deben compartirse: ir máis alá de "botar unha man". Que os cativos entendan isto garantirá que eles reproduzan o reparto de tarefas fóra e dentro do ambiente familiar. "O obxectivo é que os nenos o vexan como algo normal", apuntou a concelleira. Por iso, engadiu, "serán os propios nenos e nenas os que levarán á súa casa o xogo de cuncas e llo entreguen aos pais".
A campaña terá como material de apoio, ademais de 1.000 xogos de cunca, 3.000 pegatinas, 200 cartaces e 2.000 tarxetas. Participarán 29 centros escolares da cidade, dos que catorce son públicos, doce privados concertados e tres privados. Os alumnos implicados serán uns 900. Na campaña de 2006 os destinatarios foran os universitarios.
Atribución do xénero
Dende a Concellería da Muller considérase que a familia, a escola, os medios de comunicación ou os grupos de iguais van construíndo a atribución do xénero sobre as persoas. Deste xeito, o sexismo, convértese en desigualdade con moita frecuencia, pola mellor valoración que se fai, en moitas ocasións, dos comportamentos e os coñecementos do sexo masculino en detrimento dos do sexo feminino.
No traballo do Concello é prioritario, dende hai trece anos, o apoio, o deseño e organización de talleres de coeducación, unidades didácticas e diversas accións de promoción dos valores da igualdade de xénero cos centros educativos desta cidade.
A sensibilización sobre a igualdade de xénero, dende a infancia
31/01/2007 A concelleira de Benestar Social e Muller, Adelaida Negreira presentou a Campaña de concienciación e sensibilización sobre os valores da igualdade de xénero. Dentro das actividades desta iniciativa, a concelleira repartiu entre o alumnado de primeiro de Educación Primaria do Pío XII, un xogo de dúas cuncas con imaxes relacionadas co reparto das tarefas domésticas entre os pais e as nais.
As cuncas levarán inscrita a mensaxe "Miña nai frega, meu pai...tamén", e serán entregadas nos 29 centros de ensino da cidade. Trátase de concienciar aos máis novos sobre a cuestión da igualdade entre homes e mulleres. O obxectivo é intentar erradicar toda discriminación baseada en clixés sexistas no proceso de socialización que se produce no seo do fogar; implicando neste caso aos pais e nais.A campaña quere transmitir a necesidade dun reparto normalizado das tarefas da casa entre os membros adultos da familia. Os nenos aprenderán que as responsabilidades domésticas están por riba do xénero e deben compartirse: ir máis alá de "botar unha man". Que os cativos entendan isto garantirá que eles reproduzan o reparto de tarefas fóra e dentro do ambiente familiar. "O obxectivo é que os nenos o vexan como algo normal", apuntou a concelleira. Por iso, engadiu, "serán os propios nenos e nenas os que levarán á súa casa o xogo de cuncas e llo entreguen aos pais".