XUNTA DE GOBERNO
Zona de residentes
Outro dos acordos adoptados na Xunta de Goberno de hoxe foi a modificación da zona de residentes de Pelamios-Vista Alegre para incluír nela ás persoas residentes no edificio sito na avenida de Castelao, nos números 48, 50, 52 e 54. As súas rúas de aparcamento reservado para residentes serán Santa Comba e o lateral do parque de San Xoán en horario de 21:00 a 9:00 horas, e as rúas Bispo Diego Peláez e San Xoán durante as 24 horas.
Prórrogas do servizo de transporte
Hoxe tamén se lle deu luz verde á prórroga, por un ano, de tres contratos para o servizo da liña de transporte urbano colectivo de viaxeiros. Trátase do contrato para a liña que comunica o centro de Santiago coa Peregrina e Ponte Alvar, que cubre a empresa Autos Carballo; o contrato para a liña a Reborido (Villestro), con Hermanos Ferrín; e o da liña que comunica o Polígono do Tambre e a rúa da Rosa, que presta Autos Grabanxa. Nos tres casos, a prórroga é ata o 31 de decembro de 2019.
O Concello renovará a súa rede de servidores no marco do proceso de implantación da administración electrónica
28/12/2018 A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de adxudicación para a ampliación da infraestrutura de servidores do Concello de Santiago, de cara á implantación da administración electrónica. O proxecto conta cun orzamento de 190.000 euros, dos que 152.000 procederán de fondos europeos vinculados ao programa ReVive-Edusi Santiago.
O alcalde, Martiño Noriega, lembrou que o Concello de Santiago "atópase no proceso de implantación da administración electrónica, e iso require dunha modernización do equipamento informático e de telecomunicacións da administración". A maior parte da infraestrutura de servidores municipal atópase no seu ciclo de vida útil, pero require actualizacións hardware e software para garantir a súa total compatibilidade coa solución de administración electrónica que se está a implementar. O contrato terá un orzamento máximo de licitación de 190.000 euros e unha duración prevista de tres meses.Zona de residentes