XUNTA DE GOBERNO
Patio do Quiroga Palacios
A Xunta de Goberno tamén adxudicou hoxe as obras de ampliación do patio e dotación de parque infantil no CEIP Quiroga Palacios, ás que se van destinar algo máis de 60.000 euros. A actuación correrá a cargo da empresa Zona de Obra O Rosal
A ampliación do patio era unha vella demanda da comunidade educativa do colexio Quiroga Palacios, un dos centros máis antigos da cidade, con medio século de vida. Ademais, a actuación permitirá dotar ao CEIP dun novo parque infantil. Esta actuación verase complementada cun ambicioso proxecto para a reparación da cuberta do pavillón municipal Quiroga Palacios, ao que se van destinar 350.000 euros. Neste caso trátase de solucionar as frecuentes filtracións de auga, da renovación do pavimento e da construción dun novo peche e dunha rampla que mellore a accesibilidade ás instalacións deportivas.
Máis de 60.000 euros para a mellora do Refuxio de Animais de Bando
28/12/2018 A Xunta de Goberno deu conta hoxe da sinatura dun convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Fundación Refuxio de Animais para o financiamento das obras de mantemento e mellora das instalacións de Bando. A achega municipal para os traballos será de 60.500 euros.
O Refuxio de Animais de Bando vén sufrindo un deterioro importante nos últimos anos. O proxecto que financiará o Concello contempla a pavimentación da rúa central das instalacións, a conexión coa rede de pluviais e a mellora das condicións xerais do edificio principal, onde se renovará a ventilación, executaranse gaiolas de obra, substituiranse as portas das gaiolas e instalaranse bebedeiros automáticos, entre outras medidas. Tamén está previsto que no módulo do refuxio destinado a gatos se mellore o illamento e se condicione un novo patio, mentres que nos patios existentes para os cans instalarase un tramo de cuberta.Patio do Quiroga Palacios