ALCALDÍA

O alcalde recibiu a Anna Ferrer, presidenta da Fundación Vicente Ferrer

30/11/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a presidenta da Fundación Vicente Ferrer, Anna Ferrer. A cooperante está a visitar varias cidades españolas para manter encontros con colaboradores e explicar o traballo da súa ONG.

En Galicia, a Fundación Vicente Ferrer ten en Galicia 15 proxectos subvencionados por institucións publicas, entre as que figura o Concello de Santiago, que na convocatoria 2017 das axudas á cooperación concedeu 15.000 euros a un proxecto desta ONG de dereito de acceso a unha habitabilidade digna con saneamento básico en Anantapur (India).

Compartir: