ACCIÓN CULTURAL
Deste xeito detalla a cineasta barcelonesa os contidos principais do encontro: "Ermanno Olmi dicía: Descubrín que o cinema era a vida ou que podía ser a vida. A algúns cineastas gústanos pensar no cinema como un espazo de busca, de encontro co real. Un espazo que nos vincule coa vida, un espazo tamén onde aprender a vivir. E iso pódese dar cando se xeran espazos para que agrome a emoción real (tanto dentro como fóra da pantalla). Gústame traballar coa emoción como o centro do proceso de creación. Armar un dispositivo para que aconteza. Desde a escrita, pasando pola rodaxe, até a montaxe e o traballo co son. Iso implica traballar desde un lugar moi persoal, non só meu (como directora e guionista) senón de todo o equipo artístico e técnico. No encontro A cor das palabras compartirei materiais do proceso de creación de Con el viento para mostrar como se traballa ese intercambio desde o guión: escrita filmada, diarios de personaxes, monólogos e ensaios. E tamén sobre a necesidade de entender a rodaxe como espazo aberto ao cambio, á reescritura, para poder atopar a forma a definitiva do filme e do seu arco emocional na montaxe".
Con el viento terá súa estrea no cinema Numax o xoves 29 de novembro, contando con presentación e coloquio de Colell nas proxeccións do venres 30 de novembro, sábado 1 e domingo 2 de decembro.
A cineasta catalá Meritxell Colell, protagonista do encontro "A cor das palabras"
29/11/2018 O ciclo A cor das palabras. Encontros con cineastas, organizado polo Concello de Santiago en colaboración co cinema Numax contará cunha convidada moi especial. A cineasta catalá Meritxell Colell Aparicio, autora de Con el viento, manterá un encontro co público da sala o sábado 1 de decembro, ás 11:30 horas, baixo o título "A emoción real na ficción. Do persoal ao colectivo". A actividade ten entrada gratuíta, podéndose reservar localidade no correo acordaspalabras@santiagodecompostela.gal.
Meritxell Colell compartirá os materiais e o proceso creativo da súa marabillosa opera prima, Con el viento, proxectada en máis de 30 festivais internacionais, como a Berlinale ou San Sebastián, e premiada en Málaga (Zonazine) e o D'A Film Fest de Barcelona (Talents).Deste xeito detalla a cineasta barcelonesa os contidos principais do encontro: "Ermanno Olmi dicía: Descubrín que o cinema era a vida ou que podía ser a vida. A algúns cineastas gústanos pensar no cinema como un espazo de busca, de encontro co real. Un espazo que nos vincule coa vida, un espazo tamén onde aprender a vivir. E iso pódese dar cando se xeran espazos para que agrome a emoción real (tanto dentro como fóra da pantalla). Gústame traballar coa emoción como o centro do proceso de creación. Armar un dispositivo para que aconteza. Desde a escrita, pasando pola rodaxe, até a montaxe e o traballo co son. Iso implica traballar desde un lugar moi persoal, non só meu (como directora e guionista) senón de todo o equipo artístico e técnico. No encontro A cor das palabras compartirei materiais do proceso de creación de Con el viento para mostrar como se traballa ese intercambio desde o guión: escrita filmada, diarios de personaxes, monólogos e ensaios. E tamén sobre a necesidade de entender a rodaxe como espazo aberto ao cambio, á reescritura, para poder atopar a forma a definitiva do filme e do seu arco emocional na montaxe".
Con el viento terá súa estrea no cinema Numax o xoves 29 de novembro, contando con presentación e coloquio de Colell nas proxeccións do venres 30 de novembro, sábado 1 e domingo 2 de decembro.