POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello de Santiago destinou un total de 586.000 euros á convocatoria de bolsas, dos cales 554.500 euros están destinados á modalidade de escaseza de recursos e 31.500 euros a modalidade de conciliación, que experimentou un crecemento do 40% con respecto ao ano pasado.
Novidades
Na convocatoria do curso 2018/2019, ademais de incrementarse a contía total do orzamento, mudáronse as contías, cun máximo de 90 euros ao mes para sufragar os gastos de comedor escolar e establecéndose un fixo de 30 euros para actividades extraescolares.
No caso das 70 bolsas de conciliación concedidas, ascenden a 45 euros ao mes e as contías das bolsas para a adquisición de material escolar ascenden a un pago único de 60 euros.
Entre as novidades máis importantes está a simplificación na xustificación por parte das entidades colaboradoras e a maior protección dos e das menores de idade que se atopen en situación de vulnerabilidade social.
Aprobada a resolución da convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de materiais e actividades extraescolares
29/11/2018 A Xunta de Goberno aprobou, en sesión extraordinaria, a resolución da convocatoria de bolsas de comedor, adquisición de material escolar e actividades extraescolares.
En total concedéronse 1.165 bolsas, 1.095 na modalidade de escaseza de recursos (521 de comedor, 431 de actividades e 143 de material) e 70 na modalidade de conciliación. Comparativamente cos anos anteriores, existe un incremento do 4,41% en relación ás bolsas concedidas o ano pasado e do 48,74% en relación a hai dous cursos académicos.O Concello de Santiago destinou un total de 586.000 euros á convocatoria de bolsas, dos cales 554.500 euros están destinados á modalidade de escaseza de recursos e 31.500 euros a modalidade de conciliación, que experimentou un crecemento do 40% con respecto ao ano pasado.