CONSORCIO
Esta mostra parte do traballo de investigación da musicóloga Beatriz Cancela. Nela exhíbense fotografías de cada época da Banda, un achegamento biográfico á vintena de mestres que a dirixiron, partituras de obras inéditas compostas por membros da agrupación e arranxos de grandes pezas sinfónicas que acercaron o sinfonismo europeo á cidade e ao resto de Galicia, instrumentos, premios, documentos diversos e mesmo diferentes uniformes que luciron os músicos ao longo destes anos. Ademais, proxéctanse vídeos antigos da Banda Municipal e tamén dos diferentes actos conmemorativos do seu 170 aniversario.
A través desta exposición amósase a Banda nas súas diferentes facetas no transcurso destes anos, participando nos momentos emblemáticos da cidade, como as festas, o Apóstolo, os actos institucionais… Así mesmo, recóllense as saídas que facía a outros puntos de Galicia, xa que era moi solicitada, chegando a converterse nun referente para outras bandas da comunidade.
A Casa do Cabido inicia o seu horario de inverno
31/10/2018 Coincidindo co cambio de hora, o museo da Casa do Cabido, na praza das Praterías, inicia mañá xoves, 1 de novembro, o seu horario de inverno. O museo abrirá as súas portas de martes a sábados, de 10:00 a 14:00 horas polas mañás e de 16:00 a 20:00 horas polas tardes (ata agora era de 17:00 a 21:00 horas); e os domingos de 11:00 a 14:00 horas. Os luns, a Casa do Cabido permanece pechada ao público.
Nestes intres e ata mediados do vindeiro mes de novembro, a Casa do Cabido acolle a exposición A Banda Municipal de Santiago. 170 aniversario, que fai un percorrido pola historia da agrupación, dende as súas orixes, no ano 1848, ata a actualidade. A Banda Municipal de Santiago é unha das máis antigas do panorama nacional e, logo de preto de dous séculos de vida, atópase entre as poucas que perduran dende o seu nacemento ata os nosos días.Esta mostra parte do traballo de investigación da musicóloga Beatriz Cancela. Nela exhíbense fotografías de cada época da Banda, un achegamento biográfico á vintena de mestres que a dirixiron, partituras de obras inéditas compostas por membros da agrupación e arranxos de grandes pezas sinfónicas que acercaron o sinfonismo europeo á cidade e ao resto de Galicia, instrumentos, premios, documentos diversos e mesmo diferentes uniformes que luciron os músicos ao longo destes anos. Ademais, proxéctanse vídeos antigos da Banda Municipal e tamén dos diferentes actos conmemorativos do seu 170 aniversario.
A través desta exposición amósase a Banda nas súas diferentes facetas no transcurso destes anos, participando nos momentos emblemáticos da cidade, como as festas, o Apóstolo, os actos institucionais… Así mesmo, recóllense as saídas que facía a outros puntos de Galicia, xa que era moi solicitada, chegando a converterse nun referente para outras bandas da comunidade.