POLÍTICAS SOCIAIS

A asociación '2plega2' chega a Santiago na súa campaña de concienciación sobre a fibrose quística

30/10/2018 Hoxe chegaron á praza do Obradoiro os membros da asociación solidaria "2plega2", que pretende darlle visibilidade á fibrose quística e recadar fondos para axudar á investigación desta doenza. Juan Meira, Pedro de Armas e Salvador Garrido foron recibidos pola concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.

A asociación '2plega2' quere realizar unha particular Volta a España en bicicletas plegables, dentro do proxecto "Para que eles vivan". Está previsto que o percorrido completo o fagan Juan Meira e Pedro de Armas, mentres que nunha primeira fase da viaxe participará Salvador Garrido, nunha "handbike" para persoas de mobilidade reducida. O obxectivo é completar un percorrido de 6.000 quilómetros. A concelleira de Políticas Sociais felicitou a asociación por esta iniciativa e entregoulles un pequeno agasallo no nome da Corporación municipal.

A fibrose quística é unha enfermidade hereditaria das glándulas mucosas e sudoríparas que afecta principalmente a pulmóns, páncreas, fígado, intestinos e órganos sexuais. É un dos tipos de enfermidade pulmonar crónica máis común en nenos e adultos mozos.

Compartir: