MEDIO AMBIENTE
Lembrou que "a contaminación do aire provoca 400.000 mortes cada ano, e é a primeira causa ambiental de morte prematura en Europa". Segundo dixo o edil, "unha das principais fontes desa contaminación é o tráfico e, malia a iso, os municipios carecen dunha ferramenta integral e rápida para estimar o nivel de contaminación e implementar as necesarias estratexias de control en base a esa información".
Xan Duro explicou que a participación neste proxecto "reforza a aposta polos datos abertos, iniciada coa Plataforma de Goberno Aberto, actualmente en execución". Tamén salientou que este proxecto "incrementa a colaboración do Concello coa USC, que participará no TRAFAIR co CITIUS, así como co CESGA"
Máis de dous millóns de euros e oito socios europeos
O proxecto ten unha duración de 24 meses, ata finais de outubro de 2020. A Universidade de Módena é xefe de fila do proxecto, no que ademais do Concello de Santiago tamén participan as universidades de Florencia, Zaragoza e Santiago, o concello de Módena, a rexión de Toscana, e Lepida SpA, o organismo creado pola rexión italiana de Emilia-Romagna para a implementación da Axenda Dixital. O orzamento total é de 2,2 millóns de euros, dos que case 1,7 millóns procederán de fondos europeos FEDER.
No caso de Santiago, o investimento previsto é de case 170.000 euros, dos que preto de 127.000 serán achegas dos fondos FEDER e o resto procederá de fondos propios municipais.
Actividades do proxecto
O proxecto TRAFAIR desenvolverase en varias fases ao longo de dous anos. Inicialmente recompilaranse os datos dispoñibles sobre a entrada do tráfico e a dispersión de contaminantes atmosféricos, para despois deseñar e organizar a rede de sensores locais de calidade do aire. Está previsto que en Compostela se instalen dez dispositivos.
Xan Duro apuntou que algunhas das localizacións que se barallan inicialmente son a praza de Vigo, praza de Galicia, praza Roxa e Virxe da Cerca. Unha vez recompilados e analizados os datos, desenvolveranse aplicacións móbiles para elevar a concienciación sobre a contaminación atmosférica urbana e crearanse ferramentas de control efectivas pensadas para as administracións.
Compostela contará con dez sensores da calidade do aire, instalados no marco do proxecto europeo TRAFAIR
30/10/2018 O Concello de Santiago é un dos socios participantes no proxecto europeo TRAFAIR, que ten como obxectivo analizar a calidade do aire e a contaminación derivada do tráfico. A iniciativa, liderada pola universidade italiana de Módena, suporá un investimento total de 2,2 millóns de euros. Desa cifra, a Compostela vanlle corresponder 170.000 euros.
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia deu conta hoxe da participación do Concello de Santiago no proxecto europeo TRAFAIR, no que están implicadas institucións académicas e administracións locais e rexionais de España e Italia. Xan Duro explicou que o obxectivo desta iniciativa é "desenvolver servizos innovadores e sostibles que combinen datos de calidade do aire, condicións climáticas e fluxos de tráfico". Para iso, instalaranse en diferentes puntos da cidade sensores de tráfico e contaminación, que permitirán coñecer a circulación e os fluxos de partículas contaminantes no aire que respira a veciñanza.Lembrou que "a contaminación do aire provoca 400.000 mortes cada ano, e é a primeira causa ambiental de morte prematura en Europa". Segundo dixo o edil, "unha das principais fontes desa contaminación é o tráfico e, malia a iso, os municipios carecen dunha ferramenta integral e rápida para estimar o nivel de contaminación e implementar as necesarias estratexias de control en base a esa información".