DEPORTE
A carreira de adultos/as arrancará as 17:00 horas da Cidade da Cultura, cun percorrido de 6,1 quilómetros que levará os/as atletas polo Bosque de Galicia, dende o que descenderán para chegar á zona de Sar. Seguindo o curso do río, os/as participantes continuarán polo paseo fluvial do Sar e de alí subirán ata o Parque Granell, onde estará situada a meta.
Para as categorías escolares creouse un circuíto con saída e chegada no propio Parque Eugenio Granell. A categoría escolar 1 sairá ás 17:45 horas, para percorrer 1,4 quilómetros, mentres que os/as participantes da categoría escolar 2 sairán ás 18:00 horas e afrontarán un percorrido de 2,6 quilómetros.
Noa Morales lembrou que "haberá autobuses que trasladarán os corredores e corredoras dende o parque Eugenio Granell ata a Cidade da Cultura".
Circuíto CorreSan
O VII Circuíto de Carreiras Saudables, CorreSan 2018, está formado por un conxunto de probas para concienciar á cidadanía dos beneficios de facer deporte, para a mellora da súa saúde e da súa calidade de vida. O circuíto CorreSan tamén traslada o deporte ata os barrios e zonas onde normalmente xa se practican diferentes deportes, en especial o atletismo.
O circuíto está aberto á participación de calquera deportista habitual ou eventual que desexe acceder á práctica libre do exercicio físico en diferentes contornas da cidade. Nas probas teñen cabida atletas de case todas as idades, con distancias adaptadas a cada categoría.
A última proba da edición 2018 do CorreSan será a do barrio de San Pedro, o sábado 1 de decembro, aínda que as persoas que se teñan anotado ao circuíto completo poderán gozar tamén, de maneira gratuíta, da última carreira do ano: a San Silvestre do 31 de decembro.
Todo listo para a Ruta dos Parques, a terceira proba do VII Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan
29/10/2018 Este sábado 3 de novembro celebrarase a terceira proba do CorreSan, a tradicional Ruta dos Parques con saída na Cidade da Cultura e meta no Parque Eugenio Granell. O percorrido é dos máis longos do circuíto, cun total de 6,1 quilómetros para a categoría absoluta.
A día de hoxe hai preto de 700 persoas inscritas nesta Ruta dos Parques, nas categorías absoluta, escolares 1 e escolares 2. A inscrición, que ten un custo de 6 euros para as persoas adultas e é gratuíta para escolares, permanecerá aberta ata este mércores 1 de novembro ás 23:59 horas. Tal e como indicou a concelleira de Deporte, Noa Morales, "é a carreira máis longa pero tamén unha das máis bonitas de correr e das que menos dificultade teñen, o que é de agradecer tras a última disputada en Angrois". Así o remarcou tamén Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo.A carreira de adultos/as arrancará as 17:00 horas da Cidade da Cultura, cun percorrido de 6,1 quilómetros que levará os/as atletas polo Bosque de Galicia, dende o que descenderán para chegar á zona de Sar. Seguindo o curso do río, os/as participantes continuarán polo paseo fluvial do Sar e de alí subirán ata o Parque Granell, onde estará situada a meta.