MEDIO AMBIENTE
Para participar no proxecto, é preciso cubrir o formulario dispoñible na web municipal e remitilo por e-mail á dirección medioambiente@santiagodecompostela.gal. O trámite tamén se pode realizar de maneira presencial na oficina de Atención á Cidadanía, na rúa de Galeras.
Aposta pola compostaxe
A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén impulsando diferentes proxectos para fomentar a compostaxe. Así, están instaladas illas comunitarias nos barrios de Santa Marta, Salgueiriños e Galeras, que utilizan máis dun cento de veciños e veciñas. Tamén se colocaron composteiros en sete centros de Educación Infantil e Primaria do municipio.
A compostaxe é un modelo de xestión dos residuos orgánicos máis ecolóxico, máis económico e máis social. Trátase, ademais, dun sistema acaído para unha cidade como Santiago que conta con amplas zonas verdes nas que se pode utilizar o compost. A aposta do Concello pola compostaxe enmárcase tamén na directiva europea de residuos, que sinala que en 2020 o 50% dos residuos domésticos deben ser reciclados ou recuperados. Iso pasa por actuar sobre os restos orgánicos, que supoñen máis do 40% da bolsa do lixo das familias.
O programa de compostaxe doméstica impulsado polo Concello esténdese a Villestro e Laraño
28/09/2018 A Concellaría de Medio Ambiente e Convivencia vén de ampliar ás parroquias de Laraño e Villestro o proxecto de compostaxe doméstica impulsado inicialmente en Figueiras. O obxectivo da iniciativa, que se desenvolve en colaboración con Adega, é chegar ás 100 vivendas participante.
O proxecto de compostaxe doméstica está pensado para a zona rural de Santiago, e inicialmente púxose en marcha na parroquia de Figueiras con 30 familias participantes. Agora, amplíase o programa ás parroquias de Laraño e Villestro, co obxectivo de captar 70 vivendas máis. As familias participantes recibirán formación práctica por parte de Adega, e o material preciso para compostar. A organización ecoloxista fará tamén o seguimento personalizado do proceso durante varios meses, ata a obtención do primeiro compost.Para participar no proxecto, é preciso cubrir o formulario dispoñible na web municipal e remitilo por e-mail á dirección medioambiente@santiagodecompostela.gal. O trámite tamén se pode realizar de maneira presencial na oficina de Atención á Cidadanía, na rúa de Galeras.