ALCALDÍA

Recepción a participantes na peregrinación de Feafes Galicia

28/09/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado da concelleira popular María Corral, recibiu un grupo de peregrinos e peregrinas da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia).

Un total de 43 persoas das asociacións e delegacións de Feafes Galicia percorreron durante tres días o último tramo do Camiño francés.

Compartir: