XUNTA DE GOBERNO
A convocatoria está dirixida a organizacións non gubernamentais de desenvolvemento para a realización de proxectos concretos de cooperación en países empobrecidos. O Concello poderá financiar ata o 95% do orzamento do proxecto, ata un máximo de 20.000 euros, 5.000 euros máis que na convocatoria do ano pasado. O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOP, e o prazo máximo de realización do proxecto erá o 15 de outubro de 2019.
O Concello destinará 120.000 euros a subvencións de cooperación ao desenvolvemento
31/08/2018 A Xunta de Goberno aprobou hoxe a segunda convocatoria de subvencións de cooperación ao desenvolvemento, ás que se van destinar 120.000 euros. Deste xeito, increméntase a partida con respecto á convocatoria do ano pasado, dotada con 90.000 euros.
O alcalde, Martiño Noriega, explicou que "o Concello de Santiago é pioneiro nestas axudas, dirixidas a proxectos de cooperación internacional e que permiten traballar desde o local para mudar o global".A convocatoria está dirixida a organizacións non gubernamentais de desenvolvemento para a realización de proxectos concretos de cooperación en países empobrecidos. O Concello poderá financiar ata o 95% do orzamento do proxecto, ata un máximo de 20.000 euros, 5.000 euros máis que na convocatoria do ano pasado. O prazo para presentar as solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación da convocatoria no BOP, e o prazo máximo de realización do proxecto erá o 15 de outubro de 2019.