IGUALDADE

Minuto de silencio no Obradoiro por outra vítima mortal da violencia machista

30/08/2018 A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o asasinato machista dunha muller en Huarte (Navarra). A vítima faleceu o pasado domingo.

O alcalde, Martiño Noriega, e outros membros da Corporación sumáronse a este acto, para lembrar á muller asasinada. Deste xeito, dáselle cumprimento á moción aprobada por unanimidade no Pleno da Corporación do 7 de setembro de 2015, que fixa accións de dó e solidariedade por cada asasinato machista.

A violencia de xénero é a expresión máis extrema da desigualdade social que sofren as mulleres, e estes asasinatos prodúcense porque a violencia segue sendo utilizada como un mecanismo de control e dominación das mulleres. O Goberno municipal e o conxunto da Corporación condenan firmemente a violencia de xénero, e queren amosar a súa máxima solidariedade coas familias de todas as mulleres asasinadas.

Compartir: