EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Os obradoiros e actividades de conciliación desenvólvense de 9:00 a 14:00 horas, pero no programa tamén se ofertan os servizos de madrugadores, de 7:45 a 9.00, e de comedor, de 14:00 a 16:00 horas.
Os prezos a abonar dependen da modalidade seleccionada. Ademais, existen descontos do 20 % para quen acredite ser familia monoparental, numerosa, nenos/as con discapacidade e cando participen dous/dúas irmáns/ás no programa. O desconto aplícase a todos/as os/as solicitantes que cumpran ese requisito; é dicir, se participan dous/dúas ou máis irmáns/ás nesta oferta, o desconto faise a todos/as os/as irmáns/ás. Tamén hai descontos do 50% ou do 100% para aquelas familias con escasos recursos; casos que deben ser acreditados cun informe do Departamento de Servizos Sociais.
Admitidas todas as solicitudes para a edición de setembro do Programa de Conciliación de Verán
31/08/2018 A Concellaría de Educación e Cidadanía vén de admitir todas as solicitudes presentadas para a edición de setembro do Programa Municipal de Conciliación de Verán, que se celebrará os días 3, 4, 5, 6, 7, 10 e 11 do vindeiro mes. En calquera caso, aquelas familias que o desexen aínda teñen a oportunidade de inscribir os seus nenos e nenas no programa. Cómpre lembrar tamén que se ampliou a dous días máis o programa debido ao cambio das datas de inicio do novo curso escolar.
O Programa Municipal de Conciliación de Verán desenvólverase no período das vacacións escolares no CEIP Raíña Fabiola e no CEIP Monte dos Postes, e está dirixido a nenos e nenas que cursen estudos entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Primaria en centros de Santiago.Os obradoiros e actividades de conciliación desenvólvense de 9:00 a 14:00 horas, pero no programa tamén se ofertan os servizos de madrugadores, de 7:45 a 9.00, e de comedor, de 14:00 a 16:00 horas.