ALCALDÍA

O alcalde visitou os centros singulares de investigación da USC no Campus Vida

30/07/2018 A rede de centros singulares de investigación da USC no Campus Vida recibiu este luns a visita do alcalde, Martiño Noriega Sánchez, a quen acompañou o reitor Antonio López. Ademais, no encontro participaron o vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri, e o concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro. A visita comezou no Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información (CiTIUS) e incluíu un percorrido polos laboratorios de Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS), polo centro especializado en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) e polas instalacións de Biomedicina Experimental (CEBEGA).

Cada unha destas instalacións foi presentada polos seus respectivos responsables: Paulo Félix Lamas (CiTIUS), José Luis Mascareñas Cid (CiQUS), Carlos Diéguez González (CiMUS), e Anxo Vidal Figueroa (CEBEGA). A visita permitiu achegarse ás liñas de traballo dos distintos grupos de investigación que actualmente teñen os seus laboratorios nestas instalacións.

Compartir: