CONSORCIO
Estas axudas inclúen os honorarios de redacción do proxecto e a dirección técnica da obra. A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago encargarase de redactar a documentación técnica no caso das obras de pequena entidade.
Requisitos para acceder ás axudas
Un dos requisitos para acceder a estas axudas é que o local debe estar destinado ou destinarse a algún dos seguintes usos regulados na Normativa Urbanística do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela: comercial, oficinas, actividades industriais e talleres de artesanía compatibles coa vivenda, docente, sanitario, asistencial, sociocultural ou deportivo.
En relación ao uso comercial dos locais, subvencionarase o comercio polo miúdo de froitas e verduras, carnes e peixes; pan, pastelería e similares; leite e produtos lácteos; bebidas e produtos alimenticios; téxtiles e calzado; droguería, cosmética, limpeza e pinturas; artigos de hixiene e aseo persoal; herbolarios; artigos para o equipamento do fogar e a construción; accesorios e pezas de reposto para vehículos, maquinaria; mobles e enseres domésticos; instrumentos musicais; mobles e equipamentos de oficina; aparatos e instrumentos médicos, ortopédicos, ópticos e fotográficos; libros, xornais e artigos de papelería, debuxo e belas artes; xoiería; xoguetes, deportes, plantas, pequenos animais e reparación de artigos eléctricos para o fogar.
Prioridade aos sectores estratéxicos
Valorarase a apertura de novos locais actualmente sen uso e a repercusión da actividade da empresa no desenvolvemento do tecido económico local, en particular os sectores considerados como estratéxicos polo Concello de Santiago: biotecnoloxía e ciencias da saúde, transformación da madeira, deseño de moda, economía social, turismo idiomático e axencias de servizos turísticos e industrias culturais.
O orzamento mínimo subvencionable será de 600 € e o máximo de 30.000 €. A contía da axuda acadará o 40% do orzamento aceptado.
Aberto ata o 28 de agosto o prazo para solicitar as axudas para a mellora dos locais comerciais da cidade histórica de Compostela
30/07/2018 O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 148.000 euros á rehabilitación dos locais comerciais da cidade histórica a través do seu Programa Localízate. As solicitudes e a documentación poderán presentarse no rexistro do Consorcio, situado no número 59 da rúa do Vilar, ou en calquera outro rexistro. O prazo de presentación de solicitudes remata o vindeiro 28 de agosto.
Dende o Consorcio salientan que "o comercio e os comerciantes son axentes fundamentais para a conservación dunha cidade viva, en continua evolución e cunha rica diversidade social, unha cidade onde os seus habitantes poidan atopar o marco axeitado para satisfacer as súas necesidades. Neste marco, as actividades de servizos (de formación, culturais, sanitarios, deportivos…), os talleres artesanais e o comercio de proximidade son o motor da actividade económica e sen a súa participación activa na vida cotiá ningunha política de rehabilitación sería válida".Estas axudas inclúen os honorarios de redacción do proxecto e a dirección técnica da obra. A Oficina Técnica do Consorcio de Santiago encargarase de redactar a documentación técnica no caso das obras de pequena entidade.