ALCALDÍA
A demanda presentada no pasado mes de novembro incorporaba toda a documentación que demostra que o Concello é o lexítimo propietario das dúas pezas, adquiridas ao Conde de Ximonde en 1948. Ademais, nela argumentábase que as pezas forman parte do patrimonio público e polo tanto non poden ser cedidas nin agasalladas, nin hai lugar para a prescrición que podería alegar a familia Franco para quedar coas figuras de Abraham e Isaac.
Fixada a data do 15 de outubro para a vista preliminar no caso das esculturas de Abraham e Isaac
28/06/2018 O próximo 15 de outubro celebrarase en Madrid a vista preliminar no procedemento xudicial aberto tras a demanda formulada polo Goberno local. para a recuperación das figuras de Abraham e Isaac, que pertencen ao Concello de Santiago pero que están en mans da familia Franco. Despois desa vista preliminar, abrirase o xuízo, previsiblemente antes de final de ano.
O alcalde, Martiño Noriega, salientou hoxe que deste xeito "o Concello de Santiago abre a vía de pelexar xudicialmente contra a usurpación de bens por parte da familia Franco". Nesa liña, sinalou que "as argumentacións xurídicas expostas inicialmente polo Goberno de Compostela son as que agora están a ser utilizadas noutros procesos, como o da recuperación do Pazo de Meirás"A demanda presentada no pasado mes de novembro incorporaba toda a documentación que demostra que o Concello é o lexítimo propietario das dúas pezas, adquiridas ao Conde de Ximonde en 1948. Ademais, nela argumentábase que as pezas forman parte do patrimonio público e polo tanto non poden ser cedidas nin agasalladas, nin hai lugar para a prescrición que podería alegar a familia Franco para quedar coas figuras de Abraham e Isaac.