ALCALDÍA
O prazo inicial da concesión demanial de 40 anos poderá ser prorrogado por períodos consecutivos de dez anos cada un, mentres se manteñan os fins para os que foi concedida a parcela e sen exceder o prazo máximo legal previsto de 75 anos. Ao remate dese prazo, o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne Vacún de Galicia reporán o inmoble e a parcela ao Concello de Santiago, libres de cargas.
Compromiso co sector
O alcalde, Martiño Noriega, explicou que este acordo "é unha mostra do compromiso do Concello de Santiago cun sector produtivo moi importante para o país". Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador agradeceu "a boa vontade do Goberno compostelán para atender unha demanda pola que levabamos xa moitos anos agardando". Jesús González Vázquez explicou que "esta cesión permitirá que a entidade manteña a súa sede en Santiago, que era a nosa vontade porque este é un proxecto de país".
A peche do 2017, a Indicación Xeográfica Protexida tiña inscritas 8.249 explotacións, e rexistrados máis de 133.000 cabezas de gando. Baixo o amparo da IXP comercializáronse 20.657 toneladas de carne, cifra similar á do anterior exercicio, cun valor económico, en primeira venda, de 118 millóns de euros. Ademais, a Indicación Xeográfica Protexida ten 1.349 puntos de venda, tanto en Galicia como no resto de España.
A IXP Carne Vacún de Galicia construirá a súa sede nunha parcela cedida temporalmente polo Concello de Santiago
28/06/2018 O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas da Carne Vacún de Galicia construirá a súa nova sede en Santiago, nunha parcela cedida temporalmente polo Concello no SUNP-5 da Muíña. Así se recolle no acordo asinado hoxe polo alcalde, Martiño Noriega, e o presidente da IXP, Jesús González Vázquez.
En virtude do acordo, o Concello outórgalle ao Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne Vacún de Galicia a concesión demanial sobre a parcela, de 1.254 metros cadrados, por un prazo de 40 anos. A entidade utilizará os terreos para a construción da súa nova sede, un inmoble que pasará a ser titularidade do Concello de Santiago aínda que o Consello Regulador ostentará un dereito real sobre a edificación. Ademais, terá que abonar unha contraprestación económica de 47.681,12 euros pola concesión demanial da parcela.O prazo inicial da concesión demanial de 40 anos poderá ser prorrogado por períodos consecutivos de dez anos cada un, mentres se manteñan os fins para os que foi concedida a parcela e sen exceder o prazo máximo legal previsto de 75 anos. Ao remate dese prazo, o Consello Regulador das Indicacións Xeográficas Protexidas de Carne Vacún de Galicia reporán o inmoble e a parcela ao Concello de Santiago, libres de cargas.