CONSORCIO
A cita musical arrincará coa Obertura As Hébridas, composta no ano 1830, inspirada nas illas escocesas. Mendelssohn, de viaxe en Escocia, visitou As Hébridas e en particular a illa de Staffa, onde quedou marabillado pola Gruta de Fingal e inmediatamente iniciou a escritura deste poema sinfónico. É unha das primeiras obras musicais que trata da descrición dunha paisaxe. No primeiro tema descríbese a citada cova, transmitindo o sentimento de soidade, e no segundo represéntase o movemento do mar e das ondas.
O Concerto para violín representa a última gran obra orquestral do compositor alemán, converténdose nun dos concertos para violín máis populares e interpretados de todos os tempos. Estreada no ano 1845, trátase dunha obra innovadora para a época. Co paso do tempo, converteuse nunha peza esencial para todos os virtuosos do violín.
A Sinfonía nº 8 é unha das doce sinfonías compostas por Mendelssohn cando tiña entre 12 e 14 anos, que adoitaba presentar en casa cunha orquestra privada para os socios e amigos dos seus pais que formaban parte da elite intelectual de Berlín. A número 8 escribiuna en apenas unhas semanas.
O virtuosismo de Svetlin Roussev
O Concerto para violín será interpretado polo virtuoso búlgaro Svetlin Roussev, que comezou a súa educación musical a moi curta idade coa súa nai, profesora na escola de música da súa cidade natal, Ruse. En 1991 foi aceptado no Conservatorio Nacional Superior de París e tres anos despois foi galardoado co Primeiro Premio summa cum laude de violín e co Primeiro Premio de Música de Cámara. Na súa traxectoria recibiu numerosos premios en concursos internacionais.
Roussev afronta con gran virtuosismo e intensidade un amplo rango de repertorio, dende o barroco á música actual. Recoñécense especialmente as súas interpretacións do repertorio eslavo e é un dos principais difusores da música búlgara. É convidado con regularidade por orquestras en Europa, Asia e América; e traballou baixo a batuta de grandes directores.
Na actualidade é profesor de violín no Conservatorio Superior de Música de París e concertino da Orquestra Filharmónica de Radio Francia e da Filharmónica de Seúl. Toca un Stradivarius de 1710, cedido pola Fundación da Música Nipoa.
A Real Filharmonía será a encargada de inaugurar o XLVI Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes da Música, que promove a Universidade Autónoma de Madrid
31/05/2018 A Real Filharmonía de Galicia inaugurará a tempada 2018-2019 do XLVI Ciclo de Grandes Autores e Intérpretes da Música, promovido polo Centro Superior de Investigación e Promoción da Música da Universidade Autónoma de Madrid. O concerto terá lugar o día 26 do próximo mes de outubro, no Auditorio Nacional de Música de Madrid.
Neste concerto inaugural, a Real Filharmonía de Galicia interpretará un programa que virará ao redor da figura do compositor romántico Felix Mendelssohn (1809-1847). Estará dirixido polo mestre londiniense Jonathan Webb e contará co violinista búlgaro Svetlin Roussev como solista.A cita musical arrincará coa Obertura As Hébridas, composta no ano 1830, inspirada nas illas escocesas. Mendelssohn, de viaxe en Escocia, visitou As Hébridas e en particular a illa de Staffa, onde quedou marabillado pola Gruta de Fingal e inmediatamente iniciou a escritura deste poema sinfónico. É unha das primeiras obras musicais que trata da descrición dunha paisaxe. No primeiro tema descríbese a citada cova, transmitindo o sentimento de soidade, e no segundo represéntase o movemento do mar e das ondas.