ALCALDÍA
María Rozas recibiu a embaixadora de Irlanda, Síle Maguire
31/05/2018 A primeira tenente de alcalde, María Rozas, recibiu a embaixadora de Irlanda, Síle Maguire.
A diplomática, que asinou no Libro de Honra da cidade, mostrouse especialmente interesada en coñecer o "Xardín das Pedras que Falan", que inclúe dende a súa inauguración uns versos do escritor irlandés Seamus Heaney.