MOCIDADE
Elas tamén pintan desenvólvese a través de tres módulos nos que se mesturan teoría e práctica, con clases teóricas, roteiros guiados e obradoiros de creación. Márcanse tres obxectivos básicos, como son "coñecer onde están as mulleres artistas, descubrir de que nos falan as pezas da nosa cidade e crear se contamos coas ferramentas adecuadas".
O programa comeza o próximo xoves 7 de xuño no Centro Xove da Almáciga e continuará cada mércores e xoves, de 17:00 a 21:00 horas, ata final de mes, ampliando o seu horario á quenda da mañá os días dos obradoiros prácticos (20 e 21 e 27 e 28 de xuño). A docencia correrá a cargo da equipa de 7H, conformada por Eva Agra e Clara Rodríguez Cordeiro, e contará coa colaboración de Xoana Almar, de Cestola na Cachola, para a realización dun dos obradoiros prácticos.
Ao ser un programa destinado á mocidade terán prioridade na inscrición as mozas e mozos (entre 16 e 30 anos) empadroados ou que estuden en Compostela, se ben se atenderán outras solicitudes de non cubrirse as prazas dispoñibles.
Novidade
O martes 26 celebrarase, tamén no Centro Xove da Almáciga, un encontro aberto e mesa de experiencias entre a cidadanía interesada, o alumnado do programa e unha selección das artistas urbanas máis representativas do noso contexto. Será a partir das 17:00 horas e xa están confirmadas Nana, Sax, Doa, Porte e Xoana Almar.
Aberta ata o 6 de xuño a inscrición para participar na segunda edición do programa "Elas tamén pintan"
31/05/2018 Chega unha nova edición da actividade Elas tamén pintan, ao abeiro dos Orzamentos Participativos de Mocidade. Trátase dunha acción que busca dar visibilidade e recoñecemento ás mulleres que traballan na arte urbana e no contexto do graffiti, un territorio que continúa sendo fundamentalmente masculino.
A concelleira de Mocidade, Noa Morales, indicou que con esta actividade "buscamos rachar cos estereotipos de xénero e facilitar as mozas e mozos composteláns un espazo de creación feminista que permita, dende a arte, transformar a nosa cidade de xeito igualitario". A inscrición é de balde e pode realizarse ata o 6 de xuño a través do enderezo de correo electrónico dptoxuventude@santiagodecompostela.gal.Elas tamén pintan desenvólvese a través de tres módulos nos que se mesturan teoría e práctica, con clases teóricas, roteiros guiados e obradoiros de creación. Márcanse tres obxectivos básicos, como son "coñecer onde están as mulleres artistas, descubrir de que nos falan as pezas da nosa cidade e crear se contamos coas ferramentas adecuadas".