DEPORTE

Recepción ao equipo de quidditch Lumos Compostela

31/05/2018 A concelleira de Deporte, Noa Morales recibiu o equipo de quidditch Lumos Compostela, que vén de proclamarse campión da Copa de Galicia e de España, e Top 16 a nivel europeo. No acto tamén participou a concelleira popular María Corral.

Noa Morales gabou os logros deportivos do conxunto compostelán esta tempada e valorou que actos como esta recepción permiten "dar visibilidade a deportes como este, menos visibilizados nos medios". Pola súa parte, unha das integrantes do Lumos Compostela, Antía Pérez, agradeceu o recoñecemento "ao esforzo feito durante estes anos" e mostrouse orgullosa por ter cumprido os obxectivos deportivos da tempada.

Compartir: