XUNTA DE GOBERNO
Plan Especial
Na Xunta de Goberno de hoxe tamén se aprobou de maneira provisional a modificación puntual do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica para limitar os aloxamentos de carácter temporal no tecido residencial. O documento será agora remitido á Xunta, que ten un prazo de dous meses para informar. Posteriormente, a modificación puntual recibiría luz verde definitiva no Pleno da Corporación.
O obxectivo da modificación é impedir ou limitar a implantación de novos establecementos hoteleiros e aloxamentos turísticos no tecido residencial da cidade histórica, para mantela como "espazo habitado". Os informes que acompañan a modificación puntual do Plan Especial advirten dos riscos que supón o fenómeno dos aloxamentos turísticos, e tamén da perda continua de poboación no ámbito da cidade histórica.
Outros acordos
Na reunión desta mañá, o Executivo tamén acordou a sinatura dun convenio de colaboración entre a Concellería de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo e a Fundación da Cidade da Cultura, para a promoción e celebración do programa Compostela Móvese 2018.
Por último, a Xunta de Goberno deu conta da resolución de alcaldía para aceptar a petición de cese presentada pola Interventora Xeral do Concello de Santiago. A decisión será comunicada á Secretaría Xeral de Financiación Autonómica e Local do Ministerio de Facenda.
Adxudicadas as obras de rexeneración da calzada Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar
27/04/2018 A Xunta de Goberno adxudicou hoxe as obras de rexeneración da calzada no eixo Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar, unha actuación á que se van destinar máis de 350.000 euros. Trátase do viario que conecta a parroquia de Aríns co centro da cidade, coincidente en parte do seu trazado coa Vía da Prata.
O alcalde, Martiño Noriega, quen deu conta dos acordos da reunión ordinaria do Goberno, indicou que será a empresa Asfagal Técnicas Viarias SL a que se encargue dos traballos, que teñen un prazo de execución de seis meses. O viario Ponte Marzán-Sandino-Cruceiro de Sar atópase actualmente en mal estado de conservación. O obxectivo do proxecto é renovar por completo o firme, ao tempo que se realizarán reparacións puntuais nas beirarrúas e se acometerán obras para mellorar a accesibilidade nos pasos de peóns existentes. A actuación será respectuosa coas especiais condicións dun viario que coincide en parte do seu trazado coa ruta da Prata.Plan Especial