DEPORTE
É a primeira vez que un campionato galego de ximnasia acrobática ten lugar en Santiago, "o que para nós supón unha verdadeira honra", destacou Morales. As probas terán lugar de 9:00 a 14:00 e de 15:50 a 19:30 horas, en modalidades base e elite.
Club XR Compostela
O Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela conta cun grupo de 23 alumnos e alumnas entre escola e competición, dirixidos por Belén Ferreiro e Irene Antepazo. Na modalidade de base participan neste campionato os equipos trío mixto alevín, trío feminino infantil e parella mixta alevín.
Ademais do Concello de Santiago tamén colaboran co evento a Federación Galega de Ximnasia, a Xunta de Galicia, Silvereira (encargada das medallas e os trofeos), Cangaceiro, Transportes Manuel Ares, Stampa, e o Parking Catedral, que permite aparcar durante toda a xornada por 8 euros.
Preto de 200 ximnastas daranse cita en Compostela no Campionato Galego de Ximnasia Acrobática
26/04/2018 O polideportivo de Santa Isabel acollerá este sábado o Campionato Galego de Ximnasia Acrobática, organizado polo Club Ximnasia Rítmica Compostela. O evento foi presentado esta mañá pola concelleira de Deporte, Noa Morales, acompañada da directora técnica do Club Deportivo Ximnasia Rítmica Compostela, María Cañabate, e da coordinadora da escola de ximnasia acrobática, Belén Ferreiro.
Este evento "reunirá en Santiago a preto de 200 ximnastas procedentes de seis clubs de toda Galicia", segundo indicou a concelleira Noa Morales. Así, participarán o club organizador, o Ximnasia Rítmica Compostela, xunto aos clubs Flic-Flac, Treboada, Escola Burgas, Nigrán Arco Club e Ximnasia Pontevedra.É a primeira vez que un campionato galego de ximnasia acrobática ten lugar en Santiago, "o que para nós supón unha verdadeira honra", destacou Morales. As probas terán lugar de 9:00 a 14:00 e de 15:50 a 19:30 horas, en modalidades base e elite.