CONSORCIO
No suposto de que sexa imprescindible a substitución da cubrición para mellorar o comportamento térmico do edificio, subvencionarase tamén o custo desta substitución. Ademais, con carácter especial, e co obxecto de fomentar a mellora das instalacións de pluviais da cidade histórica, subvencionarase o custo de substitución dos canlóns e baixantes de pluviais deteriorados, así como os gardacanos e a conexión da instalación á rede xeral. As axudas inclúen os custos adicionais e indispensables para a realización das obras como a colocación de estadas, así como os honorarios profesionais de redacción da documentación técnica e dirección da obra.
Valoración do nivel de ocupación dos inmobles
Os inmobles deberán presentar condicións suficientes de seguridade estrutural e de estanquidade fronte á choiva. Deberán ter unha antigüidade superior aos dez anos; e estar destinados a vivenda, como mínimo, os 2/3 da súa superficie útil, excluídas a planta baixa e as plantas soto.
As solicitudes poderán presentarse no rexistro do Consorcio de Santiago ou en calquera outro rexistro. Na avaliación das mesmas valorarase que se dispoña dun plan de mantemento para o edificio e primarase a incorporación de novos solicitantes. Tamén se terá en conta o nivel de catalogación ou de interese arquitectónico do inmoble, xunto ao seu nivel de ocupación.
A contía da subvención será do 40% do presuposto máximo subvencionable. Para resolver calquera dúbida desta convocatoria, os interesados deberán poñerse en contacto ou acudir á Oficina Técnica do Consorcio de Santiago.
O 12 de abril remata o prazo para solicitar as axudas para o pintado das fachadas dos edificios da cidade histórica
27/03/2018 O Consorcio de Santiago ten en marcha unha nova convocatoria do programa Ter é manter, dirixido ao mantemento e mellora da eficiencia enerxética da envolvente exterior dos edificios da cidade histórica de Santiago, por un importe global de 150.000 euros. Esta subvención abrangue as fachadas exteriores ou patios interiores, cubertas, canlóns e baixantes, carpinterías e galerías de madeira, portas de entrada aos edificios e reixerías dos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica. Nesta convocatoria preténdese fomentar o pintado das fachadas. O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 12 de abril.
Poderán beneficiarse destas axudas tanto as persoas físicas ou xurídicas como unha agrupación de persoas físicas ou xurídicas; propietarias, inquilinas ou aquelas que teñan algún dereito de uso sobre os inmobles. Tamén poderán ser beneficiarias as comunidades de propietarios.No suposto de que sexa imprescindible a substitución da cubrición para mellorar o comportamento térmico do edificio, subvencionarase tamén o custo desta substitución. Ademais, con carácter especial, e co obxecto de fomentar a mellora das instalacións de pluviais da cidade histórica, subvencionarase o custo de substitución dos canlóns e baixantes de pluviais deteriorados, así como os gardacanos e a conexión da instalación á rede xeral. As axudas inclúen os custos adicionais e indispensables para a realización das obras como a colocación de estadas, así como os honorarios profesionais de redacción da documentación técnica e dirección da obra.