XUNTA DE GOBERNO
Proxecto de Cotaredo-San Lázaro
A Xunta de Goberno tamén aprobou hoxe o proxecto de urbanización da unidade de actuación número 11 do PERI de Fontiñas, que lle afecta ao ámbito de Cotaredo-San Lázaro. As obras terán un orzamento máximo de licitación dalgo máis de 150.000 euros, e un prazo de execución de seis meses.
O obxectivo desta actuación é poñer en valor a parcela, que actualmente constitúe un baleiro urbano residencial. O proxecto debe resolver os problemas xerados polas diferentes cotas do terreo, que causan dificultades en materia de accesibilidade.
Outros acordos
O Executivo tamén acordou hoxe a solicitude de financiamento á Consellería de Traballo e Benestar para os Servizos Sociais Comunitarios Básicos, por unha contía de case 1,4 millóns de euros. O custo total do servizo é de 2,7 millóns de euros. Do mesmo xeito, acordouse solicitarlle á Consellería de Política Social a subvención para financiar o custo das escolas infantís municipais. A achega autonómica sería de preto de 350.000 euros, idéntica á que fai o Concello.
Adxudícase o contrato de subministro da Administración Electrónica
23/03/2018 O Concello de Santiago vai destinar máis de 1,5 millóns de euros ao subministro e mantemento da Administración Electrónica. A Xunta de Goberno adxudicou hoxe o contrato á empresa T-SYSTEMS. O concelleiro de Medio Ambiente, Convivencia e Informática, Xan Duro, explicou que este é "o proxecto de mellora e modernización da Administración municipal máis relevante da historia recente do Concello de Santiago".
O subministro da Administración Electrónica custaralle ao Concello preto de 900.000 euros, IVE incluído, e a empresa T-SYSTEMS encargarase tamén dos traballos de mantemento durante catro anos, por un importe de 160.000 euros anuais. A adxudicataria ofertou como melloras do contrato a asistencia dun consultor especializado para a posta en explotación do sistema, a monitorización da atención á cidadanía e formación para o persoal do Concello para a utilización do xestor de bases de datos documental. Xan Duro explicou que esta adxudicación facilitará que "o Goberno avance nos seus compromisos en materia de transparencia", ao tempo que permitirá "axilizar a relación da veciñanza coa administración, xa que poderán realizar a maioría dos trámites de forma telemática desde as súas casas".Proxecto de Cotaredo-San Lázaro