CENTROS CÍVICOS
Raquel Currás Art formouse na Escola de Artes Mestre Mateo. Foi finalista en certames como Xuventude Crea e ten participado en exposicións individuais e colectivas. Tamén se ten achegado ao mundo da ilustración
Exposición pictórica de Raquel Currás Art no Centro Sociocultural de Conxo
22/03/2018 Hoxe xoves, ás 20:00 horas, inaugúrase a exposición Humanidades, de Raquel Currás Art no Centro Sociocultural de Conxo. A mostra estará aberta ata o 14 de abril.
A exposición amosa os traballos ao óleo e acrílicos da artista. Raquel Currás Art, achegámonos a unha visión marcada pola desconformidade continua con todo o establecido. Aínda máis, a súa obra aproxímanos ao interior do ser humano, ás miserias, aos soños, aos ideais ou aos medos. É o lado oculto que moitas veces na esencia humana, de xeito consciente, así se mostra, oculto. A autora quere tornar visíbel e quere, a través da súa pintura, radiografar o lado culto do ser humano a través dunha certa visión onírica que bebe de Magritte, de Dalí ou de Frida Kahlo.Raquel Currás Art formouse na Escola de Artes Mestre Mateo. Foi finalista en certames como Xuventude Crea e ten participado en exposicións individuais e colectivas. Tamén se ten achegado ao mundo da ilustración