FESTAS
Despois dos fogos, tempo para a música e o baile, coa actuación da orquestra Cinema. O espectáculo constará de dúas partes: unha de música máis bailable e outra de música máis actual.
Praterías será unha festa para celebrar o novo ano
29/12/2006 O Departamento de Festas preparou un espectáculo para que os composteláns reciban o ano 2007. Será na Praza das Praterías onde se escolten as badaladas das campás da Berenguela, que darán paso a unha noite de celebración.
Os actos comezarán ás 11.15 da noite, coa entrega das uvas e das bolsas de cotillón a todos aqueles que se acheguen á Praterías. Ás 0:00 horas soarán as badaladas dende a torre Berenguela da Catedral e o novo ano será recibido cun espectáculo pirotécnico duns 10 minutos a cargo da pirotecnia Calo.Despois dos fogos, tempo para a música e o baile, coa actuación da orquestra Cinema. O espectáculo constará de dúas partes: unha de música máis bailable e outra de música máis actual.