MULLER

Mulleres de LA Zubia (Granada) visitan o Concello

29/04/2005 Membras da Asemblea de Mujeres Clara Campoamor da vila de La Zubia (Granada) visitaron hoxe o Concello de Santiago acompañadas pola concelleira da Muller, Adelaida Negreira.

O numeros grupo, integrado por máis de 50 mulleres, realiza unha visita a Galicia co obxecto de coñecer o funcionamento e servicios de varias institucións da nosa comunidade autónoma.

O Servizo Galego de Igualdade, o Parlamento de Galicia ou o Concello da capital galega son algunhas das visitas previstas nunha axenda que tamén inclúe encontros con asociacións de mulleres de Santiago.

Compartir: