EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Manuel Dios destacou a "importancia que ten o ciclo 0-3 anos no desenvolvemento dos nenos e as nenas, na corrección das desigualdades e no fomento da conciliación para as familias". Actualmente, no curso 2017-2018, hai un total de 245 nenos e nenas matriculados nas tres escolas, dos cales 60 son das escolas de Conxo e Fontiñas e 118 da de Meixonfrío-Salgueiriños. O Concello tamén reserva 9 prazas para situacións de emerxencia social. O número de prazas totais é de 245.
Este xoves abre o prazo de solicitude de prazas nas escolas infantís municipais
28/02/2018 O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe da apertura do prazo para solicitar praza nas escolas infantís municipais de Salgueiriños-Meixonfrío, Conxo e Fontiñas.
O prazo estará aberto do 1 ao 12 de marzo e as solicitudes deberán entregarse no Rexistro Xeral do Concello ou no Rexistro Auxiliar. Aquelas persoas que soliciten prazas e figuren en situación de espera deberán facer de novo a solicitude de admisión.Manuel Dios destacou a "importancia que ten o ciclo 0-3 anos no desenvolvemento dos nenos e as nenas, na corrección das desigualdades e no fomento da conciliación para as familias". Actualmente, no curso 2017-2018, hai un total de 245 nenos e nenas matriculados nas tres escolas, dos cales 60 son das escolas de Conxo e Fontiñas e 118 da de Meixonfrío-Salgueiriños. O Concello tamén reserva 9 prazas para situacións de emerxencia social. O número de prazas totais é de 245.