MEDIO RURAL E EDUCACIÓN
O proxecto, que será aprobado polo Pleno da Deputación nos vindeiros meses, vén a dar resposta a unha demanda da parroquia de hai máis de 20 anos. Tal e como explicou o concelleiro de Medio Rural, "realizarase un edificio novo detrás do centro escolar que poderá ser usado pola comunidade educativa durante o horario escolar e pola veciñanza de Lavacolla en horas non lectivas". Ademais, os veciños e veciñas do barrio poderán usar tamén, fóra do horario escolar, o patio do CEIP Rodríguez Xixirei. Tal e como destacou Rafael Peña, "este proxecto é o resultado da colaboración de tres administracións e permítenos optimizar os recursos cos que contamos".
O salón de usos múltiples terá máis de 200 metros cadrados nos que se poderán levar a cabo multitude de actividades.
A veciñanza de Lavacolla coñece o proxecto para a construción dun salón de usos múltiples no CEIP Rodríguez Xixirei
27/02/2018 Os concelleiros de Medio Rural e Obras para o Reequilibrio Territorial, Rafa Peña, e de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, presentáronlle esta tarde aos veciños e veciñas de Lavacolla e á comunidade educativa da parroquia o proxecto para a construción dun salón de usos múltiples no CEIP Rodríguez Xixirei.
Os edís deron conta dunha intervención que suporá "un investimento de arredor de 300.000 euros" e que se acometerá con fondos da Deputación da Coruña, tal e como explicou Manuel Dios. Esta obra "permitirá ter un espazo de ocio e lecer para os nenos e nenas a partir de finais do curso que vén", indicou.O proxecto, que será aprobado polo Pleno da Deputación nos vindeiros meses, vén a dar resposta a unha demanda da parroquia de hai máis de 20 anos. Tal e como explicou o concelleiro de Medio Rural, "realizarase un edificio novo detrás do centro escolar que poderá ser usado pola comunidade educativa durante o horario escolar e pola veciñanza de Lavacolla en horas non lectivas". Ademais, os veciños e veciñas do barrio poderán usar tamén, fóra do horario escolar, o patio do CEIP Rodríguez Xixirei. Tal e como destacou Rafael Peña, "este proxecto é o resultado da colaboración de tres administracións e permítenos optimizar os recursos cos que contamos".
O salón de usos múltiples terá máis de 200 metros cadrados nos que se poderán levar a cabo multitude de actividades.