ALCALDÍA
A reunión foi solicitada polo comité de folga, no que están representados sete sindicatos. Un dos seus voceiros, Manuel Díaz, explicou que o obxectivo da xuntanza era "darlle visibilidade ao conflito e mostrarlle ao alcalde os graves prexuízos que está a causar para a cidadanía de Compostela". Nesa liña, incidiu en que "o seguimento do paro en Santiago está a ser do 80%, e polo tanto están afectados moi notablemente o rexistro civil e máis a celebración de vistas".
O alcalde reclama solucións ao conflito da xustiza
27/02/2018 O alcalde recibiu esta mañá aos representantes do comité de folga do sector da xustiza, para expresar a súa solidariedade coas súas demandas e reclamar solucións "a un conflito que lle está a afectar ao día a día da veciñanza de Compostela". En Santiago estanse a suspender entre 30 e 40 xuízos diarios dende que se iniciou o paro indefinido dos funcionarios xudiciais, o pasado 7 de febreiro.
Martiño Noriega recoñeceu o importante impacto que está a ter a folga en Santiago, e apelou aos responsables políticos da Xunta a que "busquen solucións, que non pasan pola criminalización dos traballadores da xustiza nin das súas reivindicacións lexítimas".A reunión foi solicitada polo comité de folga, no que están representados sete sindicatos. Un dos seus voceiros, Manuel Díaz, explicou que o obxectivo da xuntanza era "darlle visibilidade ao conflito e mostrarlle ao alcalde os graves prexuízos que está a causar para a cidadanía de Compostela". Nesa liña, incidiu en que "o seguimento do paro en Santiago está a ser do 80%, e polo tanto están afectados moi notablemente o rexistro civil e máis a celebración de vistas".