MANTEMENTO E OBRAS PARA O EQUILIBRIO TERRITORIAL
Esta zona cuberta, que custará en torno a 50.000 euros, tamén "mellorará a dotación de espazos do centro educativo, e servirá de área de refuxio e lecer nos días de mal tempo". A zona peonil, que está construíndo a empresa Joscon, constará dun pórtico de formigón armado con cuberta de policarbonato, e durante os traballos tamén se mellorará o parterre vexetal existente.
Campus Sur
Rafael Peña tamén deu conta hoxe das obras de mellora da accesibilidade no Campus Sur, que comezarán a próxima semana. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial explicou que "á espera de que se peche o convenio entre o Concello e a Universidade e de que se poida afrontar a reurbanización integral do ámbito universitario, o Goberno local quere acometer pequenas actuacións que mellorarán sensiblemente o aspecto e a accesibilidade na zona". O proxecto que arrancará nos próximos días afectaralle a nove pasos de peóns da avenida das Burgas "nos que se eliminarán barreiras arquitectónicas". A actuación máis chamativa terá lugar no acceso ao IES Xelmírez I, "onde se vai elevar o paso de peóns para mellorar tamén a seguridade". Nesa liña, Rafael Peña apuntou que "o obxectivo desta actuación é tamén pacificar o tráfico, porque se ten detectado que moitos vehículos circulan pola avenida das Burgas a unha velocidade excesiva e incompatible co tránsito peonil desta zona".
As obras de mellora da accesibilidade do Campus Sur comezarán o luns, e teñen un prazo de execución de seis semanas. O concelleiro apuntou que "a parte do proxecto que obriga a cortar o tráfico será previsiblemente adiada á Semana Santa, para que o peche da circulación teña un menor impacto e cause menos molestias". As obras teñen un orzamento de 55.000 euros.
Rapa da Folla e Cañoteira de Meixonfrío
Tamén a semana que vén comezarán as obras de reurbanización da rúa Rapa da Folla, unha actuación cun orzamento de 35.000 euros. Rafael Peña lembrou que se trata duns traballos que "permitirán mellorar o pequeno tramo que quedou sen tocar tras as obras de Carreira do Conde e Montero Ríos". A actuación terá unha duración dun mes, e previsiblemente obrigará acometer cortes puntuais de tráfico.
De maior calado é a obra de mellora da seguridade viaria na rúa Cañoteira de Meixonfrío, á que se destinarán 155.000 euros. A actuación comezará a próxima semana, e permitirá construír tramos de beirarrúas de formigón e elevar algúns pasos de peóns. O cambio máis significativo é que a rúa pasará a ter un só carril e cunha única dirección, "unha medida pactada coa veciñanza e que busca que este viario sexa utilizado unicamente polos residentes".
Obras de mantemento
O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial tamén deu conta das obras que se acometerán nas próximas semanas, ao abeiro do gran contrato de mantemento. Parte delas teñen tamén como obxectivo mellorar a accesibilidade nos pasos de peóns, en concreto na rúa de Astorga, Burgo das Nacións, rotonda de Clara Campoamor, Fonte de San Antonio e Vite. Neste último caso, tamén se farán reparacións nas beirarrúas. Ademais, melloraranse os accesos na igrexa de Vidán.
En canto ás reparacións en firmes, Rafael Peña apuntou que "no último mes non se traballo na eliminación de fochancas por cuestións climatolóxicas". A partir da terceira semana de febreiro, a empresa adxudicataria do gran contrato de mantemento actuará nos aglomerados de Ulpiano Villanueva, Carme de Abaixo, acceso da SC-20 a Fontiñas, Monte dos Postes e Camiño Francés. Posteriormente, iniciaranse os traballos no aglomerado do Castiñeiriño, a rúa Garabanxa, a travesa de Vedra, San Paio, Cruxeira, Laraño e Villestro.
Comezan as obras de mellora en Meixonfrío, Campus Sur e Rapa da Folla
31/01/2018 A próxima semana arrancarán as obras de mellora da accesibilidade do Campus Sur, a reurbanización de Rapa da Folla e os traballos para a mellora de seguridade viaria na rúa Cañoteira de Meixonfrío. Estas actuacións sumaranse á construción da cuberta do viario que comunica os centros educativos de Lamas de Abade, que xa comezaron esta semana. O concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, deu conta hoxe deses proxectos.
O edil explicou que esta semana comezaron as obras para a construción dunha senda peonil cuberta que conectará o colexio de Lamas de Abade coa Escola de Hostalería. Rafael Peña explicou que esta actuación "foi unha das máis votadas no proceso de orzamentos participativos de 2017, e mellorará sensiblemente o día a día dos nenos e nenas do CEIP que teñen o seu servizo de comedor na Escola de Hostalería".Esta zona cuberta, que custará en torno a 50.000 euros, tamén "mellorará a dotación de espazos do centro educativo, e servirá de área de refuxio e lecer nos días de mal tempo". A zona peonil, que está construíndo a empresa Joscon, constará dun pórtico de formigón armado con cuberta de policarbonato, e durante os traballos tamén se mellorará o parterre vexetal existente.