ALCALDÍA

O Cocido en Ruta de Lalín chega a Compostela para presentar unha nova edición desta festa de interese turístico

31/01/2018 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, exerceu de anfitrión esta mañá na presentación da Feira do Cocido de Lalín, que se celebra este vindeiro domingo 4 de febreiro na localidade pontevedresa. Na presentación estivo tamén o rexedor lalinés, Rafael Cuiña.

Martiño Noriega amosou a satisfacción da cidade por poder acoller esta presentación e "exercer así de capital do país para dar a coñecer unha festa tan emblemática coma esta". Pola súa banda, Rafael Cuiña sinalou que "se trata dunha edición moi especial, xa que se cumplen 50 anos e iso merece que se presente nun dos lugares máis fermosos do planeta, como é a praza do Obradoiro".

Bus do cocido
O Concello de Lalín promociona este evento gastronómico co chamado "Cocido en ruta", un autobús co que percorre diferentes vilas e cidades para dar a coñecer esta feira de interese turístico. O bus do cocido fixo parada hoxe no Obradoiro, onde membros da Corporación, xornalistas e veciños e veciñas puideron degustar os manxares que se atoparán esta fin de semana en Lalín.

A programación da Feira inclúe o pregón a cargo do presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, espazos de exposición e venda de produtos, así como un concerto a cargo do grupo Treixadura.

Compartir: