EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Desexos pola Paz
Mónica Raíces foi a encargada de representar á Escola Municipal de Conxo e, no seu desexo, apelou á "solidariedade", mentres asegurou que "nos rebelaremos contra a desproteción das crianzas en moitos lugares do mundo". Lupe Otero tomou a palabra en nome dos pais e nais da Escola Municipal das Fontiñas e reivindicou "o dereito á vivenda, á alimentación e á saúde", ao mesmo tempo que lamentaba "a situación dolorosa dunha parte da humanidade que non goza destes dereitos". Finalmente foi a quenda de José Vázquez, da Escola Infantil de Salgueiriños-Meixonfrío, quen apostou por "traballar nun cambio de actitude e pola posta en valor do traballo que se está a facer nas escolas municipais".
Manuel Dios quixo amosar o compromiso do Concello de Santiago coa paz, os dereitos humanos e a non violencia "nun ano no que se cumplen 70 anos da morte de Gandhi". O concelleiro afirmou que "a paz é un proceso en construciṕn que debemos facer por nós mesmos" e reivindicou a formación dos nenos e nenas na idade entre os 0 e os 3 anos, que "é a máis determinante para aprender, colaborar e respectarse".
O acto pechouse cunha solta de globos e pombas, grazas á colaboración do Club Colombófilo "Alas de Compostela". A parte musical da actividade correu a cargo dos saxofonistas Óscar Fernández e Miguel Blanco, da Escola Municipal de Música de Santiago.
Concerto da Escola Municipal de Música
Esta tarde, a partir as 19:00 horas, o parque de Vista Alegre acollerá un concerto da Banda de Iniciación da Escola Municipal de Música para conmemorar tamén os actos do Día Escolar para a Paz. O concerto estará conducido polo seu director, Fernando Rey.
As escolas infantís municipais celebran o Día Escolar pola Paz nun encontro en Salgueiriños
30/01/2018 As escolas infantís municipais celebraron conxuntamente o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, cun encontro no centro de Meixonfrío-Salgueiriños. Na actividade participou o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, quen sinalou que estas accións sirven para "poñer en valor o traballo que se desenvolve ao longo de todo o ano nas escolas de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños en torno aos principios da paz, a cooperación e a solidariedade, na procura dun clima de harmonía, convivencia e respecto entre iguais".
A actividade desta mañá comezou cun encontro dos nenos e nenas das tres escolas infantís municipais, acompañados dos seus profesores e profesoras e das familias que así o desexaron. Os cativos e cativas crearon un mural coa mensaxe "Paisaxe da paz", e as nais e pais formularon os seus desexos pola paz.Desexos pola Paz